Ascega Hoy

O Concello compite absurdamente coa Xunta por adquirir os terreos do porto, cando xa son de titularidade pública

Artículo publicado en «Alternativa dos Veciños»

O Goberno municipal fala de comprar os peiraos de Calvo Sotelo e Batería, que quedaron sen actividade portuaria. Unha proposta que tamén fixo a Xunta de Galicia.

A alcaldesa di que desa maneira pretende controlar o futuro urbanístico do porto. Esquece que para iso non é necesario comprar uns terreos que xa son públicos, porque o control urbanístico de todo o territorio municipal é de competencia exclusiva da corporación e do Concello.

Comprar o que xa está pagado?

Para colmo do asunto, agora póñense a discutir sobre quen ten prioridade, se a Xunta ou o Concello, para adquirir o que xa é público. Se a Xunta xa se comprometeu a ordenar os espazos dos terreos do porto o mellor para os intereses do Concello é deixarlles actuar e aforrar eses recursos económicos. Máis se cabe, cando outras zonas da cidade precisan de investimentos urxentes ante o grave estado de abandono e degradación no que se atopan.

Apertura dos primeiros espazos liberados

Alternativa dos Veciños quere felicitar o actual presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, por abrir á cidadanía as portas de acceso ás áreas portuarias sen uso.

scroll to top